O obxectivo da nosa escola non é o simple feito da supervivencia na auga, senón a adquisición dunhas habilidades acuáticas que permitirán ao neno ou nena, por unha banda, desenvolverse no medio acuático e, por outra, utilizar a natación como actividade á hora de adquirir hábitos de vida saudables no futuro.
E para acadar este obxectivo ofrecemos:
Profesionais preparados: O noso grupo de profesionais é capaz de atender todas as especialidades, con gran capacidade de resposta ante calquera situación, porque nos preocupamos de que estean formados na teoría e sobre todo na práctica.
Grupos reducidos: o ratio profesor/alumno é reducido para que a progresión metodolóxica poida ser o máis adaptada posible as individualidades.
Instalacións adecuadas: A instalación é parte fundamental da dinámica da nosa escola. A nosa instalación está perfectamente concibida para a aprendizaxe da natación e para o desenvolvemento de todo tipo de especialidades no medio acuático.
NIVEIS
CHIPI E PEIXE
Soprar dentro da auga coa cabeza totalmente mergullada e desprazarse.
Saltos á auga e equilibrios utilizando diferentes materiais.
Desprazarse na auga de forma autónoma, sin axuda do material de flotación.
Entradas á auga e buceo ao fondo da piscina.
Flotar en distintas posicións con facilidade de flotación e equilibrio.
Nadar 10 m. de forma continua e autónoma tipo crol e espalda.
BALEA E BALEA PLUS
Entrada á auga de cabeza, recoller aros do fondo, e continuar o nado 25 m.
Nadar 25 m. crol coas respiracións laterais e rítmicas.
Nadar 25 m. espalda e doble espalda, posición hidrodinámica e con deslizamento.
Entrada de cabeza e dominio de xiros de media rotación.
Realizar de maneira eficaz e coordinada polo menos 3 estilos: crol, espalda e braza.
Saída básica de estilos e xiros de rotación enteira.
QUENLLA
100 m. estilos con saída e xiros de forma eficaz e eficiente.
Coñecer aspectos básicos doutros deportes acuáticos: salvamento, sincronizada, waterpolo...
Nadar continuamente 10 minutos.
Coñecer os diferentes sistemas de entrenamento.
NATACIÓN CON ALETAS
Si xa es un experto nadador, so che queda aceptar o reto, a actividade de natación con aletas e una divertidada novidade na nosa escola, donde poderás acadar novas técnicas de desplazamento dentro da auga.
AQUATRAINING
Descargar HORARIOS de CURSOS